xoves, setembro 12, 2013

NOVAS; NOVAS!!!!

Comezamos o curso falando de novidades lectoras. En esta ocasión tócalle a quenda á música. Os últimos meses saíron ao mercado unha serie de novidades do máis apetecibles. Entre elas imos destacar algunha:

1- A nena e o grilo nun barquiño: Un libro que nos ofrece actividades, contos e moita música. Pronto comezaremos a escoitar a súa música polo cole!!! Ed: fol Déixovos un anticipo do disco:






 2- O segundo libro é sobre a obra de Camille Saint-Saëns: "O Carnaval dos animais". Un libro cd para poder escoitar a marabillosa música deste compositor ademais de gozar dunha boa lectura. Ed: Kalandraka




3- A última novidade ven da man de Migallas e teremos que esperar ata outubro. Este libro cd é o segundo do grupo que seguro que nos sorprende con esta nova entrega. Ed: Kalandraka

 Seguiremos informando das novidades que aparecerán polo cole. Ata outra e feliz lectura!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario