mércores, outubro 30, 2013

Exposición de libros de medo!! Chegou o Samaín!!

Na biblioteca teremos durante estas semanas a exposición de libros de medo!!. Ademáis traballaremos en concreto a o escritor de contos clásicos Charles Perrault e as diferentes versións de Carapuchiña Vermella. A pasar moito medo!!!













Día das bibliotecas escolares, 24 de outubro

Xunto co resto das bibliotecas escolares, fixemos unha lectura colectiva do marabilloso conto "365 pinguinos" de Jean-Luc Fromental. Non podíamos deixar de pensar en pinguíns!!! Que divertido, encantounos a actividade!!!





xoves, outubro 24, 2013

2ª tarea-web: Charles Perrault

Por mor do 385 aniversario do nacemento do autor Charles Perrault e relacionado cos contos clásicos e co Samaín imos a traballar este autor na 2ª tarea-web. Neste caso temos que pescudar sobre este autor e sobre o libro Carapuchiña Vermella. Que terá que ver este libro co Samaín? Pronto o descubriredes. Non perdamos máis tempo e...mans a obra!!!!

Clica na imaxe para acceder ao recurso!!!


Feliz día das bibliotecas escolares

Hoxe é o día das bibliotecas escolares. No noso cole, xunto co resto dos coles e bibliotecas do Concello de Redondela ímos celebralo facendo unha lectura sobre o conto "365 pingüínos" do autor Jean-Luc Fromental. Faremos moitas actividades na biblioteca. A gozar dunha boa lectura!!!



Fotos da 1º tarea web Hans Christian Andersen

E aquí temos o tan esperado resultado da 1ª tarea-web do autor Hans Christian Andersen. Un verdadeiro pracer poder traballar así. Noraboa nenos e nenas!!!! 1ª tarea-web Hans Christian Andersen on PhotoPeach

mércores, outubro 23, 2013

Os contos clásicos

Ola nen@s!!

esta vez póñome en contacto con vos para presentarvos o vídeo dos "Contos clásicos de Igrexiño", feito polos pais e nais do colexio e montado e narrado polos alumnos e alumnas de 5º e 6º. Noraboa a tod@s!!! Un gran traballo!!!


martes, outubro 15, 2013

Recursos para Samaín

Deixo un enlace dun Symbaloo feito por Patricia Pena Brbeito do seu blog http://patripenalogopeda.blogspot.com . Recurso onde podemos atopar moitos xogos e ideas para Samaín.

Clicade na imaxe para acceder a el