31 mar. 2014

COMO FACEMOS UNHA ENTREVISTA??

Os amigos da biblioteca do CEIP Frián teis compartiron un estupendo recurso explicando como podemos facer unha entrevista de xeito adecuado. Vos deixo o enlace ao seu blog por si queredes traballar este recurso. Clicade na imaxe para acceder ao recurso


20 mar. 2014

21 de Marzo: Benvida Primavera

Coa chegada da primavera, na nosa biblioteca decidimos traballar o cuidado do medioambiente, xa que é o noso legado máis prezado. Así vos deixo dous enlaces para ver a importancia que ten ser máis ecolóxico (reciclar, coidar o mediomabiente...)

Clicade na imaxe para acceder a eles:

http://www.climantica.org/
http://www.ecoembes.com/es

14 mar. 2014

CONTACONTOS NO COLE

O 25 de febreiro os nen@s de E.I e de 1º e 2ºE.P puidemos disfrutar cunha preciosa sesión de contacontos da man de Olalla e Marc, autora e ilustrador de varios libros publicados pola editorial Kalandraka.

6 mar. 2014

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este 8 de marzo no noso colexio traballaremos sobre escritoras de contos infantís. Despois realizaremos unha exposición sobre a información obtida. Para elo buscaremos a seguinte información:
1- Buscamos unha escritora de contos clásicos infantís
2- Gardamos 3 imaxes da escritora (faremos con elas portadas, mural...)
3- Buscamos e redactamos a información:
a) Quen é?
b) Donde vive ou viviu?
c) Que estudiou? Escribe unha pequena biografía da escritora
d) Cita 4 obras da escritora.

Entre algunhas escritoras de contos infantís podemos atopar:

 Fina Casalderrey


 An Alfaya


Andrea Maceiras

Deixovos ademáis un LIM sobre a historia de Galiza e as mulleres galegas feito por Nela Abella. Clicade na imaxe para acceder ao recurso

http://dl.dropboxusercontent.com/u/42548879/marias/marias.html

Como este ano traballamos sobre os contos clásicos que mellor que ler a historia da cincenta que non quería comer perdices:
http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/lacenicientaquenoqueriacomerperdices.pdf
 Cos máis cativos traballaremos:


E para visualizar:


Por último temos aquí symbaloo sobre a muller traballadora: Clicade na imaxe

Enlace sobre varios LIM relacionados coa muller traballadora do CEE "Terra de Ferrol"


4 mar. 2014

UN ENTROIDO DE CONTO

Deixo unha presentación coas fotos do entroido deste ano. Que ben o pasamos!!! O tema deste ano son os contos clásicos e todos e todas nos disfrazamos de diferentes personaxes de conto. Esto sí que é diversión. Bravo!!!


As mochilas viaxeiras

Xa están nas vosas casas a segunda entrega das mochilas viaxeiras. Neste caso ides atopar dentro das mochilas un libro relacionado coas ciencias, un conto clásico, un clásico galego e unha película de diferente temática. Gozade coa lectura e compartide coas vosas familias o pracer da lectura!!!