28 abr. 2014

DÍA DO LIBRO

Aquí tedes un pequeno vídeo sobre a experiencia dos padriños lectores. Como disfrutamos da lectura!!!




CONTISCOS: por outra banda tedes o resultado online do peródico xigante contiscos!!!
Tedes máis información no blog da biblioteca, o novo lar de grexiño

22 abr. 2014

23 de abril: Día Internacional do libro e dos dereitos do autor

Deixo un LIM feito polo CEIP Mestres Goldar o cal trata sobre un autor clásico: Hans Christian andersen. a pesares de que xa traballamos este autor a comezos de curso, o 2 de abril comemorouse o aniversario do seu nacemento, ademais de celebrarse o día Internacional do Libro Infantil. Repasemos con esta actividade:
(Grazas Julia por compartir o traballo!!!!) Clica na imaxe para acceder ao LIM




Para conmemorar o día do libro deixo aquí algún video onde os protagonistas son os libros. Espero que vos guste tanto coma a min!!!




11 abr. 2014

KAMISHIBAI NO COLE


“ RATO TOM E RATA TOMASA”
O grupo de Dinamización Cultural e Actividades de Tempo Libre do Obradoiro Empregaverde en  colaboración coas Bibliotecas Municipais de Redondela, presentou no noso centro unha adaptación do conto de Rato Tom e Rata Tomasa, da editora Oqo, elaborado por eles en kamishibai.

9 abr. 2014

Consultas dos libros da nosa biblioteca

A partires de agora podedes consultar dende a vosa casa ou dende a biblioteca os libros dos que dispoñemos na nosa biblioteca. Ademáis poderedes reservar o voso exemplar, dar as vosas opinións dos libros lidos ou mesmo consultar en outras bibliotecas da zona (como, por exemplo, a biblioteca municipal de Chapela). Para elo, vos deixo o enlace permanente na columna dereita do blog. Pinchando na imaxe poderedes acceder a elo.