martes, novembro 25, 2014

25 de novembro: non ao maltrato


Para conmemorar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero traballaremos no noso colexio con diferentes recursos. En primeiro lugar reflexionaremos sobre a canción "María se bebe las calles" de Pasión Vega










 

 Aquí tedes unha pequena lectura sobre o tema:

http://issuu.com/tere157/docs/o_monstro?e=14443460%2F10222404


Clica na imaxe para acceder aos recursos da páxina educación en valores. org

http://www.educacionenvalores.org/mot.php3?id_mot=25

venres, novembro 21, 2014

Presentación do proxecto Cont-Arte

Aínda que xa comezara o curso e xa estamos traballando no proxecto, non podíamos de deixar sen publicar un das colaboracións que máis nos gustan cada ano. Esta é a colaboración dos pais e nais de 6º de primaria do noso cole, xunto co alumnado do mesmo curso que lle pon a voz ao vídeo. Coma todos os anos, moitísimas grazas polo magnífico traballo que facedes!!!


luns, novembro 17, 2014

NOVA TAREFA WEB: Kandinski vs Tchaikovsky

Seguimos traballando no proxecto cunha nova tarefa web. Nesta ocasión traballaremos con dous artistas nados en Rusia. Xa sabedes!!! A seguir investigando no universo artístico

http://patriflauta.wix.com/pintura2

venres, novembro 07, 2014

Xa chega o Samaín

Na biblioteca do noso colexio celebramos o Samaín con diferentes actividades!!! Entre elas temos unha exposición de libros coa temática de medo, unha exposición de cabazas coa temática da arte e un pequeno concurso de relatos cortos de medo. Noraboa aos gañadores!!! Os relatos estiveron expostos na entrada do noso colexio!!!



Resultados da primeira tarefa-web: Investigamos...

Aquí tedes aos nenos e nenas do colexio traballando sobre a primeira tarefa-web. Nesta primeira tarefa investigamos sobre Velázquez e sobre Monteverdi. Fixemos ademáis un mural para a porta da biblioteca. Cantas cousas estamos aprendendo!!!!












Os venres cantores: "O Sacristán de Coímbra"

Este ano comezamos a traballar a arte e a cultura galega dun xeito máis práctico e decidimos, que xunto coas familias imos a aprender diferentes cancións populares galegas para cantar todos xuntos o último venres de cada mes. O primeiro venres cantor decidimos cantar "O Sacristán de Coímbra", e foi todo un éxito. Esperemos que o próximo venres se anime moita máis xente!!! Para ver o vídeo dos venres cantores podedes visitar o noso blog, os igrexiños!!!