venres, xaneiro 30, 2015

ASí TRABALLAMOS A PAZ NO NOSO COLE

Este ano traballamos arreo sobre a paz e a non violencia no noso colexio!!! Como somos uns grandes artistas puxémonos mans á obra e fixemos moitísimas manualidades sobre o día da paz e da non violencia. O noso cole está cheo de murales de carteis e de pombas que reflexan o noso espírito cooperativo. Os nenos e nenas puxéronse man a obra e fixeron grandes obras de arte. Entre as actividades tamén cantamos todos a canción de "Apertas que voan" do CD de Kalandraka de Paco Nogueiras e fixemos unha pequena coreografía!! Quedou moi chulo. Tamén fixemos un baile donde todos e todas colaboramos. Que ben o pasamos!! Deixo aquí un pequeno vídeo sobre os nosos traballos coa técnica stop motion. E.... o venres repetimos!!!


xoves, xaneiro 22, 2015

Continuamos con novas tarefas web

Nesta ocasión traballaremos con artistas españois de renome. Atoparedes nas tarefa web datos interesantes sobre os autores que estamos a traballar ademáis de diversos materiais. Preme na imaxe para acceder ao recurso:


martes, xaneiro 13, 2015

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Velaquí algún recurso que podemos atopar na rede para traballar o día da Paz e da non Violencia no noso colexio. Este ano a canción que cantaremos entre todos será "Apertas que voan" do CD-DVD Brinca Vai de Paco Nogueiras. Con ela faremos unha montaxe audiovisual que poderemos ver en febreiro. Deixovos a canción para que vaides practicando:

En canto aos recursos traballaremos cos seguintes symbaloos relacionados co Día da Paz. Clicade nas imaxes para acceder aos recursos:
Symbaloo CEP Santa Tegra sobre o día da Paz
http://www.symbaloo.com/mix/diadapaz1
Symbaloo Belén Junquera sobre a Paz:

http://www.symbaloo.com/mix/recursospaz

Recursos para a Paz: Symbaloo de mbaz:
http://www.symbaloo.com/mix/recursosparaapazprof

Recursos para traballar a Paz do blog aula-tic Terra de Ferrol:

Recursos do blog o lar de frianciño: 

Recopilación de recursos CEIP Victor Sáenz

Biblioteca Mestres Goldar: recursos para a Paz

CEIP Isaac Peral: Recursos para o día da Paz

venres, xaneiro 09, 2015

Saídas artísticas: visitamos un museo e ímos ao teatro



Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria visitamos unha exposición sobre arte nas salas da fundación Abanca. Alí ensináronnos como temos que transportar unha obra de arte e como coidala para que non se estropee no transporte. Ademáis puidemos coñecer varias obras e técnicas de diferentes autores que están expostas no edificio. Para rematar fumos ao teatro!!! Pasámolo xenial!!!

Traballamos co proxecto

Aquí podedes ver algún dos resultados que temos ao traballar no proxecto do colexio. É moi divertido é aprendemos mogollón de cousas sobre os pintores e músicos propostos pol@s mestr@s do colexio.






sábado, xaneiro 03, 2015

Resumo das actividades do 1º trimestre máis artístico

Aquí tedes un vídeo do resumo das diferentes actividades relacionadas co proxecto que fixemos no primeiro trimestre. Bravo nenos e nenas!!!!



Tamén podedes ver as diferentes saídas que fixemos ao longo do trimestre:

A castaña pintora: