venres, xaneiro 30, 2015

ASí TRABALLAMOS A PAZ NO NOSO COLE

Este ano traballamos arreo sobre a paz e a non violencia no noso colexio!!! Como somos uns grandes artistas puxémonos mans á obra e fixemos moitísimas manualidades sobre o día da paz e da non violencia. O noso cole está cheo de murales de carteis e de pombas que reflexan o noso espírito cooperativo. Os nenos e nenas puxéronse man a obra e fixeron grandes obras de arte. Entre as actividades tamén cantamos todos a canción de "Apertas que voan" do CD de Kalandraka de Paco Nogueiras e fixemos unha pequena coreografía!! Quedou moi chulo. Tamén fixemos un baile donde todos e todas colaboramos. Que ben o pasamos!! Deixo aquí un pequeno vídeo sobre os nosos traballos coa técnica stop motion. E.... o venres repetimos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario