26 oct. 2015

Comezamos a semana máis terrorífica do ano

Comezamos a semana de Samaín, e, coma todos os anos, os nosos corredores vólvense máis monstruosos!!! Para abrir boca, tedes no pasillo da biblioteca contos e relatos de medo. A gozar da lectura!!!


A nosa celebración particular do día das bibliotecas escolares: 24 de outubro

Coincidindo co día das bibliotecas escolares (24 de outubro), decidimos celebralo coa saída para as vosas casas das mochilas viaxeiras!! Este ano veñen repletiñas de novidades: contos, películas, lecturas para compartir en familia, revistas...

Non vos esquezades de colaborar buscando información ou facendo algún traballo manual ou plástico sobre Brasil ou as Olimpíadas. Espero que gocedes moito coa lectura!!! Boa lectura!!!


16 oct. 2015

Xa saen as maletas viaxeiras!!!

Coincidindo co día das bibliotecas escolares (24 de outubro) sairán para as nosas casas as maletas viaxeiras cheas de novidades e boas lecturas. Este ano o alumnado de educación infantil estreará pasaporte lector!!! E para os máis maiores teremos moitas novidades nas nosas maletas. Espero que vos gusten tanto coma min e que colaboredes como todos os anos coas vosas manualidades.

Que comece!!!