24 nov. 2015

25 de novembro: non ao maltrato!!!

Coma todos os anos imos recordar con diferentes actividades esta data tan triste. Todos e todas somos iguais, cos mesmos dereitos e coas mesmas obligacións. Ninguén e máis ou menos por ser home ou muller. Para elo traballaremos sobre dous contos relacionados co tema:

Unha feliz catástrofe de Adela Turín:



Rosa Caramelo de Adela Turín:


Para este ano a miña recomendación musical vai ser Andy e Lucas coa canción "Y en tu ventana":


20 nov. 2015

MAGOSTO 2015

O venres 13 celebramos un Magosto MOI OLÍMPICO...!!! Aquí tedes as esperadas fotos de tan esperado día!!! Espero que vos gusten tanto coma a min!!!

10 nov. 2015

PRIMEIRA TAREFA-WEB: AS OLIMPÍADAS

Xa tedes a vosa disposición a primeira tarefa-web para poder investigar un pouco máis sobre Brasil e as Olimpíadas. Nesta ocasión traballaremos sobre Brasil e as antigas olimpíadas deixando os deportes e deportistas olímpicos para a seguinte tarefa.

Clicade na imaxe para comezar a traballar!!!

http://patriflauta.wix.com/olimpiadas

6 nov. 2015

Recursos para o magosto

Deixo varias páxinas con recursos que podemos utilizar para o magosto. Espero que sexan de utilidade!! Clicade na imaxe para acceder a eles

Páxina elaborada por Mª Asunción García Álvarez:

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

Blog de Orientación do CEIP Condesa de Fenosa

http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2012/11/recursos-para-o-magosto.html
Aula TIC Terra de Ferrol:

http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2013/11/recursos-para-preparar-o-magosto.html
Por último cancións do magosto:


2º Concurso de relatos de medo

Para seguir a tradición, este ano tamén organizamos un concurso de debuxos e relatos de medo. Participou todo o alumnado do colexio, e gozamos moito coa lectura de cada un dos relatos de medo. Estiveron expostos toda a semana na cristaleira principal do colexio para que as familias puideran ver a orixinalidade dos debuxos e dos relatos. Despois de unha durísima deliberación decidimos que os gañadores foran:

Sabela Fernández López (6º educación infantil)

Naia Otero Bastos (3º educación primaria)

Victoria Bastos Alonso (6º educación primaria)

Noraboa a todos e a todas por participar!!!


Primeiras aportacións das familias para o proxecto

Este ano as familias están sendo todas unhas artistas!!! Estas son as primeiras aportacións que nos podemos atopar xa na entrada do noso cole, e... non paran de chegar!!! Noraboa!!!


Ademáis a clase de sexto de primaria xa comezou a adornar os corredores da biblioteca con dous murales preciosos relacionados coas olimpíadas e Brasil.



1 nov. 2015

As fotos máis terroríficas do ano!!! A gozar moito con elas!!!