martes, marzo 08, 2016

Aventuras entre molinos

Con motivo do IV centenario da morte de Míguel de Cervantes , así como da Semana da prensa e o Día do libro , traballaremos no colexio a súa novela máis representativa, "Don Quijote de la Mancha" , sendo esta ademáis unha das máis destacadas da literatura española e das máis importantes da literatura universal. Por todo isto é importantísimo achegar os rapaces a obra de Cervantes a través de persoaxes tan emblemáticos coma Don Quixote ou Sancho e as súas aventuras entre molinos castellanos. 

Neste symbaloo atópanse recollidos multitude de recursos lúdicos que axudaranos con esta tarefa.
Premendo nos enlaces atoparedes a historia en diferentes formatos ( resumo da mesma, cómic, debuxos animados, película...), presentación dos persoaxes, achegamento o contexto, diccionario....
Tamén atoparedes actividades de comprensión lectora, expresión escrita, acentuación, actividades matemáticas ,curiosidades varias coma recetas de cociña da zona xeográfica..Así tamén actividades para traballar en educación artística coma debuxos dos personaxes para colorear (online ou en papel), plantilla para crear un monicreque de Don Quixote, facer un marcapáxinas, etc.

O aspecto máis lúdico o atopamos en multitude de xogos tales coma puzzles, memory, crucigrama, sopa de letras, unir por puntos...

Moitos destes enlaces permiten a descarga e impresión das actividades polo que poderemos traballar tanto en formato papel coma nos ordenadores e pizarra dixital. 

Así que agora, premede no enlace que atoparedes baixo a imaxe... e a divertirnos con Quixote e Sancho!!! 

                                          Aprendendo co Quixote




Ningún comentario:

Publicar un comentario