20 nov. 2017

Día universal da infancia

O 20 de Novembro celébrase o día mundial da infancia. No noso cole tamén o quixemos celebrar.







19 nov. 2017

O soldadiño de chumbo

"O soldadiño de chumbo" é un gran conto escrito por Andersen. Éste é o que van traballar os alumnos de 2º de educación primaria.
A forza de vontade, a valentía, o tesón, o amor...son algúns dos valores a traballar con este precioso conto.



A abella traballadora

"A abella traballadora" é o conto que traballan os alumnos de 1ª de educación primaria relacionado có proxecto.
A colaboración, o traballo, a cooperación, a amizade.....valores importantes a traballar cós nenos e nena.


                                    Resultado de imaxes para la abeja trabajadora




Serie de debuxos animados: "La colmena feliz".

PREMIO PLANETA

Javier Sierra foi o gañador do Premio Planeta este ano, e a  finalista foi Cristina López Barrio. O luns 13 de Novembro firmaron libros en Vigo. Noraboa aos dous.


MARIE CURIE

O 7 de novembro fixo 150 anos do nacemento de Marie Curie. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel. No seguinte enlace podedes ver un texto de Galipedia sobre a biografía de Marie Curie


                         

11 nov. 2017

MAGOSTO

O venres fixemos o magosto; pasámolo moi ben; para o ano máis. Grazas as familias pola súa colaboración.

8 nov. 2017

Chega o magosto

O próximo venres temos no cole o magosto, este ano cunha novidade, imos todos a tomar un pequeno bocadillo de chourizo. A desfrutar!!!!!













1 nov. 2017

SAMAÍN

Outra vez o Samaín;grazas as familias temos sempre unha gran exposición de cabazas.


Concurso Samaín

Como en anos anteriores fixemos o concurso de Samaín. Os máis maiores escribiron un relato e os máis pequenos fixeron un debuxo. Grazas a todos por participar e felicidades aos premiados.





27 oct. 2017

Venres cantores

   Empezamos con forza os venres cantores, xa que o profesor de música Carlos, acompañou coa guitarra a nosa canción.







26 oct. 2017

Exposición de portas decoradas

Este ano, por primeira vez, decoramos as portas das aulas con temática do samaín. Espero que vos gusten.








Maletas viaxeiras.

Un ano máis empezan a funcionar as maletas viaxeiras. Este curso, como todos sabedes, traballamos os valores, tan importante para os nosos pequenos. Esperamos a vosa colaboración. Grazas de antemán.



               



25 oct. 2017

"A bruxa regañadentes"

Aquí vai o conto. Da medo!!!!!!!

Semana de medo!!!

Xa temos a decoración do samaín no cole. Soamente faltan algúns retoques e a chegada das cabazas decoradas polas familias.










23 oct. 2017

Día das bibliotecas escolares

O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. É importante fomentar aos nen@s a lectura, animándoos a leer en todo momento. Aproveitando esta semana empezarán a saír as maletas viaxeiras ás casas. Os alumn@s de educación primaria sempre levan libros de préstamo e os de educación infantil tod@s os venres. Fanse a cotío actividades na biblioteca e recibimos tamén autores.







19 oct. 2017

Visita ao "FARO DE VIGO"

O martes 17 de outubro, comezamos a nosa viaxe cunha primeira parada moi cerquiña do Cole, no "FARO DE VIGO". A través das noticias que alí lemos, e despois dos incendios desta fin de semana, aprendemos moitos valores como: a preocupación polo mundo que nos rodea, polos demáis e pola sociedade en xeral. Todas elas desprendían un VALOR do que nos temos que sentir moi orgullosos
"SOLIDARIEDADE".




16 oct. 2017

García Teijeiro

O escritor vigués Antonio García Teijeiro foi galardoado có Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro de poemas Poemar o mar.



Este poemario forma parte dunha triloxía que se completa cós libros: En la cuna del mar e Palabras do mar. Nestas obras o mar é o protagonista.






14 oct. 2017

OSCAR WILDE


     O día 16 de outubro celébrase o nacemento de Oscar Wilde. Foi un escritor, poeta e dramaturgo británico, famoso polo seu habitual inxenio e sarcasmo social. Naceu no ano 1854 en Dublín, nunha familia aristócrata. Faleceu en París no 1900. Entre as súas obras destacamos: "El retrato de Dorian Gray", "La importancia de llamarse Ernesto", "El gigante egoísta", "El príncipe feliz", "El fantasma de Canterville"...



Resultado de imagen de oscar wildeImagen relacionadaResultado de imagen de el gigante egoista




7 oct. 2017

"Pinocho"

"Pinocho" é o conto elexido polos alumnos de 5 anos para traballar os valores.
"Pinocho" é a marioneta de madeira protagonista do libro "Las aventuras de Pinocho", escrito por Carlo Collodi, e publicado nun xornal italiano entre 1882 e 1883, cós títulos
"Storia di un Burattino" (Historia dun títere") e "Le avventure di Pinocchio" (las aventuras de Pinocho). Neste libro trabállanse moitos valores: a  amizade, a verdade , a obediencia, o respeto, entre outros.






3 oct. 2017

Canción dos venres cantores: Outubro 2017

Aquí vai a canción para outubro dos venres cantores. Cantaremos "Heiche de contar" do libro cd Xiqui Xoque fiu fiu de María Fumaça. Xa sabedes... a ensaiar moito!!!



2 oct. 2017

"Carapuchiña vermella"

"Carapuchiña vermella" é un gran conto clásico que van traballar os nen@s de 3 e 4 anos. Éste foi escrito por Charles Perrault , chegando a ser unha historia sempre presente na nosa infancia.
   Traballa moitos valores: bondade, valor, xenerosidade, responsabilidade, obediencia, confianza en sí mesmo....




               


 

22 sept. 2017

Benvido outono

Xa está aquí o outono, imos disfrutar de todas as festas que nos esperan nesta estación.










                                                                                             
                                                                         
 


                          
Resultado de imagen de gifs otoño
                                 



14 sept. 2017

Begoña Ibarrola


Begoña Ibarrola é unha grande escritora de libros sobre emocións e valores; vale  a pena que os nen@s coñezan as súas obras.







              

10 sept. 2017

Subamos ao tren dos valores con Igrexiño

Xa estamos de volta!!!!! Xa decoramos a entrada para este novo proxecto: "Subamos ao tren dos valores con Igrexiño". Hay moitos contos para disfrutar.



8 sept. 2017

Benvidos ao curso 2017/2018

Benvidos a un novo curso cheo de novidades!!! Este ano traballaremos no noso colexio sobre os valores. O amor, a amizade, a xenerosidade... estarán presentes nas nosas aulas. Así que dende agora... pasaxeir@s ao tren!!!! Comezamos a nosa aventura!!!


Bienvenidos a un nuevo curso lleno de muchas novedades!!! Este año trabajaremos en nuestro colegio sobre los valores. El amor, la amistad, la generosidad... estarán presentes en nuestras aulas. Así que desde ahora... pasajeros al tren!!! Comenzamos nuestra aventura!!!


27 jun. 2017

Lóstrego, a nosa revista

Aquí tedes a nosa revista Lóstrego, por si queredes descargala, compartila coa familia ou simplemente volver a ler as súas páxinas. Gozade coa lectura!!!

8 jun. 2017

Museo Massó

Visita ao museo Massó

                    

3 jun. 2017

NORDÉS

Último venres cantor do curso, para o próximo curso máis. Grazas familias.

22 may. 2017

Maratón das letras galegas

Un ano máis, o maratón das letras galegas que tanto gusta aos alumn@s.

12 may. 2017

Contacontos

Onte tivemos a sorte de contar coa visita dun contacontos no cole; foi fenomenal!!!

9 may. 2017

María Canosa

  A escritora galega María Canosa visitou o noso centro e contounos moitas cousas, ademáis de falarnos de dúas das súas obras:"RUBICUNDO" e "O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS" .
Grazas por vir .