mércores, xaneiro 18, 2017

FREAKY

    Hoxe, día 18 de xaneiro,os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, achegáronse a Vigo para disfrutar  da obra de teatro FREAKY  de Blue Mango Theatre. Unha divertida función en inglés.


                          

      A obra profundiza no problema do acoso infantil a través dun neno ao que o resto ve diferente e raro pola súa forma de vestir e a súa timidez. Chega a época dos campamentos de verán e todos aparentan divertidos e animados, menos un neno, algo triste, calado e vestido de negro, que se sinte un freaky. Pero resulta que ese neno ten un sorprendente don, baila coma ninguén! No festival do campamento vaino demostrar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario