venres, outubro 27, 2017

Venres cantores

   Empezamos con forza os venres cantores, xa que o profesor de música Carlos, acompañou coa guitarra a nosa canción.







xoves, outubro 26, 2017

Exposición de portas decoradas

Este ano, por primeira vez, decoramos as portas das aulas con temática do samaín. Espero que vos gusten.








Maletas viaxeiras.

Un ano máis empezan a funcionar as maletas viaxeiras. Este curso, como todos sabedes, traballamos os valores, tan importante para os nosos pequenos. Esperamos a vosa colaboración. Grazas de antemán.



               



mércores, outubro 25, 2017

"A bruxa regañadentes"

Aquí vai o conto. Da medo!!!!!!!

Semana de medo!!!

Xa temos a decoración do samaín no cole. Soamente faltan algúns retoques e a chegada das cabazas decoradas polas familias.










luns, outubro 23, 2017

Día das bibliotecas escolares

O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. É importante fomentar aos nen@s a lectura, animándoos a leer en todo momento. Aproveitando esta semana empezarán a saír as maletas viaxeiras ás casas. Os alumn@s de educación primaria sempre levan libros de préstamo e os de educación infantil tod@s os venres. Fanse a cotío actividades na biblioteca e recibimos tamén autores.







xoves, outubro 19, 2017

Visita ao "FARO DE VIGO"

O martes 17 de outubro, comezamos a nosa viaxe cunha primeira parada moi cerquiña do Cole, no "FARO DE VIGO". A través das noticias que alí lemos, e despois dos incendios desta fin de semana, aprendemos moitos valores como: a preocupación polo mundo que nos rodea, polos demáis e pola sociedade en xeral. Todas elas desprendían un VALOR do que nos temos que sentir moi orgullosos
"SOLIDARIEDADE".




luns, outubro 16, 2017

García Teijeiro

O escritor vigués Antonio García Teijeiro foi galardoado có Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro de poemas Poemar o mar.



Este poemario forma parte dunha triloxía que se completa cós libros: En la cuna del mar e Palabras do mar. Nestas obras o mar é o protagonista.






sábado, outubro 14, 2017

OSCAR WILDE


     O día 16 de outubro celébrase o nacemento de Oscar Wilde. Foi un escritor, poeta e dramaturgo británico, famoso polo seu habitual inxenio e sarcasmo social. Naceu no ano 1854 en Dublín, nunha familia aristócrata. Faleceu en París no 1900. Entre as súas obras destacamos: "El retrato de Dorian Gray", "La importancia de llamarse Ernesto", "El gigante egoísta", "El príncipe feliz", "El fantasma de Canterville"...



Resultado de imagen de oscar wildeImagen relacionadaResultado de imagen de el gigante egoista




sábado, outubro 07, 2017

"Pinocho"

"Pinocho" é o conto elexido polos alumnos de 5 anos para traballar os valores.
"Pinocho" é a marioneta de madeira protagonista do libro "Las aventuras de Pinocho", escrito por Carlo Collodi, e publicado nun xornal italiano entre 1882 e 1883, cós títulos
"Storia di un Burattino" (Historia dun títere") e "Le avventure di Pinocchio" (las aventuras de Pinocho). Neste libro trabállanse moitos valores: a  amizade, a verdade , a obediencia, o respeto, entre outros.






martes, outubro 03, 2017

Canción dos venres cantores: Outubro 2017

Aquí vai a canción para outubro dos venres cantores. Cantaremos "Heiche de contar" do libro cd Xiqui Xoque fiu fiu de María Fumaça. Xa sabedes... a ensaiar moito!!!



luns, outubro 02, 2017

"Carapuchiña vermella"

"Carapuchiña vermella" é un gran conto clásico que van traballar os nen@s de 3 e 4 anos. Éste foi escrito por Charles Perrault , chegando a ser unha historia sempre presente na nosa infancia.
   Traballa moitos valores: bondade, valor, xenerosidade, responsabilidade, obediencia, confianza en sí mesmo....