sábado, novembro 25, 2017

Os nen@s do noso cole, políticos por un día.

Os nen@s de 5º de primaria do noso cole, participaron en Redondela nun pleno Municipal e foron políticos por un día.
Nese pleno especial os nosos alumn@s solicitaron unha mellor accesibilidade e maior atención á diversidade, baixo o lema "TODOS SOMOS DIFERENTES". Trasladáronlle incluso ao propio  alcalde pictogramas para a súa colocación na casa do Concello e no Multiusos que servirán para mellorar esa accesibilidade.
Felicitacións por ese gran traballo.


             

Ningún comentario:

Publicar un comentario